As filtracións de auga provocan o derrubamento dunha das paredes da capela de San Roque de Pazos de Arenteiro
Os veciños de Pazos de Arriba encontráronse esta maña co derrubamento dunha das paredes da capela de San Roque, neste lugar da parroquia de Pazos de Arenteiro. Trátase dun ben patrimonial de orixe medieval que está catalogado como ben patrimonial no PXOM do concello de Boborás, e que ten un alto valor emocional para a veciñanza desta localidade.
A alcaldesa de Boborás manifestou en COPE O Carballiño que "a capela estaba en bo estado de conservación e nada indicaba que pudera pasar esto". Según os primeiros indicios, as intensas choivas da pasada semana terían filtrado auga nunha cantidade importante que finalmente provocaron o derrubamento da parede.
Foron os propios veciños, o cura que leva esta parroquia e o concello de Boborás os que se encargaron de retirar do interior da capela todo o mobiliario e imaxes relixiosas., quedando tan so o retablo, pendiente da chegada de persoal cualificado. A alcaldesa anunciou que mañá mesmo persoal do concello de Boborás encargaráse de apuntalar a estructura e perimetrar a súa contorna, a efectos de seguridade tanto para a estructura da capela como para as persoas.
Ademáis, Patricia Torres tamén avanzou que a institución municipal, en colaboración coa Igrexa, tramitará a petición de axudas para facer posible a obra de rehabilitación desta capela de San Roque de Pazos de Arenteiro, e mesmo salientou o compromiso veciñal "xa houbo veciños que se ofreceron para colaborar coas obras que se fagan".