A mesa da tertulia: virtudes e defectos.
Os tertulianos e tertulianas que nos amenizan a sobremesa dos venres terán os seus defectos e virtudes, coma todos, á hora de dar a súa opinión, pero decir que o tertuliano Nogueira anda desinformado e contando medias verdades me parece moi despreciable aparte de falso.
Sobra comentar que é o tertuliano que máis referencias fai ás leis para que calquera poida consultar e mirar o que el está a argumentar. Rara vez se equivoca no seu relato, e cando o fai rectifica sen ningún problema. Non fai moito así o fixo sobre o tema da incompatibilidade do portavoz do PP e non só iso, senón que agradeceu a quen o correxiu (ollo! :un exconcelleiro do PP, a ver cantas persoas fan algo así en público) .
Polo tanto poderemos criticar politicamente o seu posicionamento moitas veces, pero decir que está mal informado ou que conta medias verdades non. De todas formas podería explicar a próxima vez que estea na tertulia o tema da licitación da obra da rúa de Ourense. Seguramente o deixe moi claro.
Xa quixeran outros medios de comunicación ter tertulias como as que modera Xan Pinal. Todo un luxo contar cos tertulianos e tertulianas que ten.