Abandono por parte do concello do Carballiño da rúa Testeiro
VECIÑOS DA RUA TESTEIRO (CARBALLIÑO) residentes dende o ano 2008, despóis de múl ples solicitudes (persoales, por rexistro oficial ...) ante o caso omiso por parte da ALCALDIA, reiteramos o noso malestar polo total abandono por parte deste Concello.
Dende o ano 2008, data na que pasamos a ser residentes na devandita rúa, e a pagar os correspondentes impostos municipais, estamos soportando as consecuencias da situación da rúa:
1.BACHES DE GRAN TAMAÑO. Dende o ano 2008, levamos reclamando ao Concello a reparación do pavimentado da rúa, facendo caso omiso. Ano a ano, os desperfectos van a maiores, como se pode apreciar na reportaxe fotográfica adxunta. Úl mamente apareceron algúns recheos de azulexos procedentes, supoñemos, do almacén de material de construcción colindante.
2.MALEZA QUE INVADE A RÚA. A maleza chega a alcanzar ata a metade da rúa o que supón a proliferación de animais e os danos nos vehículos ao circular.
3.INEXISTENCIA DE CONTEDOR DE RECOLLIDA DO LIXO Manifesta a Administración que nesa Rúa non se pode ubicar un contedor por falta de espacio para a entrada/saída do camión de recollida do lixo. Dita escusa, parécenos ilóxica, xa que por dita rúa circulan camións de transporte de mercancías procedentes do almacén de material de construcción que temos ao lado, camións de entrega de mobles, etc… Sobra decir, que estamos a pagar a Tasa de Recollida do Lixo dende o ano 2008