Motivos do mal estado da rúa Testeiro
Bo día querido copernauta, xa ten habido mais queixas polo evidente mal estado da rúa Testeiro, e con razón, esta coma dunha guerra. Case me atrevería a dicir que sei quen es, e que o teu nome comeza por i , e con vínculos en Boboras.
Se non recordo mal xa se explicou varias veces, aínda que seguramente non todo o que se debería haber feito.
Temos que remontarnos a fai maís de dous anos, cando se arranxaron outras rúas da zona de Rapariz, quedando a súa rúa descolgada, debido a que o arquitectico considerou que polo mal estado do abastecemento e saneamento, non debía asfaltarse, e que había que facer un proxecto amis ambicioso para esa rúa, e con razon.
Ao longo do ano pasado fixeronse obras en distintas rúas da zona moi necesarias, pero chegou un inimigo inesperado, chamado ADIF, para meter o fuciño onde ninguen o chamba.
Ao inimigo inesperado, parece ser que consideraba que lle afectaba para os seus ibntereses que se asfatasen esas rúas cercanas a vía do tren, e e impediu arranxalas ( a Serra Martiñá) a cal aínda esta sen asfaltar.
O noso inimigo tardou case un ano en dar permiso, pero bueno o final acabouno dando a regañadentes e sabendo que non ten mais remedio que facelo, eso si, prtendendo cobrarlle 2000€ o Concello, polas molestias que se lle vai a causar,( manda carallo) , xa me diredes que molestia e para ADIF, se non lle afecta para nada.
O proxecto xa esta listo, para cambiar saneamento, abastecemento e asfltar ao fin esa rúa, que ben o merece e o precisa.
Agora xa solo o farragoso proceso de licitación da obra, que lle calculo mais de 100.000€,separa o penoso estado actual ao arranxo futuro.
Saudos