O "Videa Fest" chega este sábado dia 25 a Vilamoure, en Punxín: un festival que marida gastronomía, cultura, arte, música e sendeirismo

22, Novembro 2023

O sábado 25 de novembro ás 10h terá lugar a última sesión do Videa Fest 2023. O obradoiro de Xosé Vilamoure en Vilamoure (Punxín) e a Galería Dodo Dadá (Ourense) serán os lugares de encontro para disfrutar da obra de varios artistas: Xosé Vilamoure, Marita Carmona, Katrina Biurrun e todos os expostos na galería.

O festival marida gastronomía, cultura, arte, música e sendeirismo e se celebrou todas as fins de semana desde o 7 de outubro ata o 25 de novembro co apoio da Xunta de Galicia e o Gadis. Meaño, Fisterra, Sober, Punxín e Cambados son os concellos polos que pasou esta edición do Videa Fest, con artistas como Elías González, Natasha Lelenco ou Xosé Vilamoure.

O festival suma cultura apostando tamén pola música e o cinema galegos achegando aos obradoiros grupos locais que actuarán nos diferentes espazos.
Hai 150 prazas dispoñibles para este sábado dia 25 de novembro e xa se poden reservar entradas dende a súa web www.videafest.com.

O sábado 25 de novembro comezará ás 10:00 a última das xornadas do Videa Fest. Será en Vilamoure (Punxín), no Obradoiro de Xosé Vilamoure, onde desfrutaremos da obra do pintor. A xornada continuará na Galería de Arte Dodo Dadá (Ourense), coa pintora Marita Carmona e a exposición de Katrina Biurrun. As actividades serán as seguintes:

Roteiro
A xornada iniciarase cunha visita para todas as idades ao Castro de San Cibrao de Lás(aforo limitado, confirmar asistencia ao 645 56 52 30)

Obradoiro
Tralo acto inaugural, comezarán as visitas guiadas ao taller do pintor Xosé Vilamoure.

Cata e música
Realizarase unha cata dos viños de Bodegas Cunqueiro, coa música de Gonzalo Arca.

Gastronomía
“El Taller” de Moisés (chef) e Adriana (nutricionista) e unha degustación de polbo, así como a celebración do Magosto do Videa Fest. Todo coa música do DJ Isaac Pedrouzo.

Concerto
Grupo Kwai Chang Caine.

Sorteo
Sorteamos dúas obras de Xosé Vilamoure entre os asistentes.
Obradoiro

A xornada continuará na Galería Dodo Dadá (Ourense) coa artista Marita Carmona. Alí estará a exposición de Katrina Biurrun e outros artistas, así como a música da DJ Paula Rodríguez.