RUA COLOMBIA

23, Novembro 2023

      COMO VEXO QUE FUNCIONA MANDAR A COPE O CARBALLIÑO DENUNCIAS SOBRE O ESTADO CALAMITOSO DAS RÚAS DO POBO, VOU AÑADIR UNHA MÁIS.

     A RÚA COLOMBIA EXISTE NO CARBALLIÑO. ESTÁ DE SEGUIDO DA PORTO RICO BAIXANDO A MAN ESQUERDA.( DIGO ESTO PORQUE O ALCALDE DIXO UN DÍA NA RADIO QUE NON SABÍA ONDE ESTABA)

     POLO QUE SE VE, NO CARBALLIÑO PÓNSELLE O NOME A RÚA SEGUNDO O SEU ESTADO. ESTA RÚA CHAMÁBASE GOMEZ ROMÁN, PASOU A DENOMINARSE COLOMBIA E ATOPASE COMA UNHA RUA DE MEDELLÍN OU DE CALI. FOI UNHA PENA NON LLE TER CHAMADO RUA SUECIA OU RÚA NORUEGA... EN FIN.

     DIXERON NO CONCELLO QUE A IAN ARRANXAR CANDO BOTARAN O CEMENTO DA RÚA MARGARITA TABOADA PARA AFORRAR CUSTES. PARA CANDO SERÁ? PORQUE ESTÁ NUN ESTADO LAMENTABLE, CHEA DE BURATOS, DE TERRA, CON SOCALCOS.

    O TRAMO DO LADO DEREITO ESTÁ SEN BEIRARRÚAS, CON MALEZA, UNHA NOCEIRA INVADINDO A ESTRADA.

     FAI UNS TRES OU CATRO MESES FIXERON A INSTALACIÓN ELÉCTRICA PARA POÑER ALUMEADO, E ASÍ QUEDOU E ASÍ ESTÁ.

     SE HAI QUE ESPERAR UN MES POR UNHAS BOMBILLAS, POR UNHAS FAROLAS QUE CHE DIREI.

     ESTA RÚA COMO ESTÁ A MONTE PRÉSTASE MOITO PARA PASEAR OS CANS, POIS BEN, TANTO COLOMBIA COMO PORTO RICO ESTAN SEMPRE CHEAS DE EXCREMENTOS QUE HAI QUE IR MIRANDO ONDE PISAS COMA SE FORA UN CAMPO DE MINAS. POR ALÍ NUNCA PASOU UN BARRENDEIRO. BUENO SI UNHA VEZ VIN UN. MENUDO SUSTO, PENSEI QUE SE DESORIENTARA.

    PODERÍA SEGUIR CONTANDO "MARAVILLAS" DA MIÑA RUA PERO COIDO QUE POR HOXE XA MENOS MAL. SÓ CONVIDAR A QUEN QUEIRA VIR DE VISITA MERECE A PENA. VISITAS COLOMBIA ENXEBRE A CINCO MINUTOS DO CENTRO DO POBO.