Fumega define os obxetivos para a mellora dos equipamentos deportivos: un novo estadio de fútbol na Uceira e un novo anexo no pavillón Paco Chao. Escoita aquí a intervención do alcalde en COPE O Carballiño.
O rexedor municipal atendeu queixas, suxerencias e preguntas que a través trasladaron en directo os e as ointes de COPE O Carballiño.
Sen dúbida, entre o máis destacado da interveción de Fumega nesta emisora de radio estivo o anuncio que fixo a xeito de declaración de intencións sobre a demanda de mellora das infraestructuras deportivas municipais.
O alcalde do Carballiño definíu unha liña de traballo para acadar dous importantes obxetivos, dunha parte estaría a construcción dun novo estadio de fútbol que se ubicaría no actúal campo de fútbol da Uceira, e doutra parte na ampliación do pavillón de deportes Paco Chao, que se dotaría dun novo anexo na zona das pistas deportivas existentes ao aire libre.
No audio adxunto podes escoitar íntegra esta intervención do alcalde Fumega, deste martes dia 5 de decembro.