Catro espectáculos no Festival do Teatro Galego do Carballiño 2023, do 13 ao 16 de decembro, no auditorio.
Na presentación oficial no concello do Carballiño estiveron presentes Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.
As 3 funcións terá lugar ás 20.30 h no auditorio municipal a un prezo de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com
Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono. O evento contará, como é habitual, cunha programación variada e de calidade, con actores e actrices de recoñecido prestixio, tales como Guillermo Carbajo, Camila Bossa, Luís Iglesia, Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Laura Míguez, Nerea Rodríguez, Luís Vázquez ou Aldara Vázquez.
O FETEGA, que habitualmente se viña celebrando a primeira semana de setembro, traslada a súa programación a decembro, nas datas previas ao Nadal. A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.
Abriu o acto o alcalde do Carballiño exercendo de anfitrión, dando a benvida a todos os presentes e agradecendo o esforzo organizativo do festival, e convidando a todos os carballiñeses a gozar un ano máis, e van 34, do festival do teatro galego.
César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense fixo fincapé na singularidade do FETEGA ao ser o único festival da comunidade que se celebra integramente en galego, e remarcou o apoio do organismo provincial co evento. Deu os parabéns tamén á Organización e ao Concello do Carballiño por organizar un festival destas característica e con esta calidade. Convidou tamén aos veciños a gozar do teatro, “temos teatro desde hai 34 anos, e non é por min nin os antecesores, é porque Carballiño ten interese pola cultura. Convidou a tratar de encher o auditorio, os días 13,14,15,16”. E fixo un chamamento á poboación do Carballiño para pouco a pouco tomar as rendas do festival Laura e Lolo, de Redrum e Barafunda, sobradamente coñecidos na escola de teatro do Carballiño e por ser parte da organización.
Carlos Ledo, director do festival, deu o agradecemento especial ás institucións por aportar e dar ánimos e tranquilidade. Destacou as figuras Diego concelleiro de cultura e César, vicepresidente 2º da deputación, tanto a presente como a futuro. Fixo lectura do programa, presentado polo miúdo cada obra, implicar aos centros educativos cunha obra infantil, e traer para eles o teatro nun auditorio.
O programa completo con información dos espectáculos programados podes encontrálos en: https://festivaldoteatrogalego.com/
Laura Míguez, de Redrum Teatro, mencionou a trascendencia social da obra O pequeno poni, un espectáculo acaido nunha segunda etapa de secundaria como un neno, Luismi, se enfronta a un caso de acoso escolar, e onde os pais, Irene e Xaime vense desborados polo acoso social. Baseado nun caso real, que trata sobre o medio, a falta de atención á diferenza, a falta de atención á diversidade e ao xénero. Para todos os públicos, que non vai deixar indiferente.
Lolo Castro, de Barafunda Teatro, presentou a obra que abre o festival, de balde, o mércores 13, que fala da tolerancia, tratado dun xeito divertido e entretido, que deixe un pouso nos rapaces dos centros educativos locais, en horario matinal.
Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, pechou o acto e manifestou o orgullo da vila en acoller un ano máis o festival, referente do teatro galego. Para o Carballiño significa un compromiso grande para a cultura e unha plataforma teatral para moita xente. Igualmente agradeceu aos empresarios locais que apoian á cultura.