A Tertulia de COPE O carballiño recolle o malestar da veciñanza do rural polos continuos cortes no suministro eléctrico. Escoitáa aquí.
A "Tertulia dos Venres" de COPE O Carballiño foi esta semana a "Tertulia do Xoves", adiantando a súa emisión ao coinicider este venres en festivo.
José Antonio Barge, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal, solidarizáronse coas queixas manifestadas por numerosos oíntes do ámbito rural, que veñen padecendo nos útlimos dias os consabidos cortes no suministro eléctricos, e os máis recentes nesta mesma mañá de xoves.
A manifestación da Plataforma pola defensa da sanidade do Carballiño que convoca unha manifestación para este próximo domingo ao mediodia, ou a crise aberta no grupo de goberno do concello do Irixo polas discrepancias que mantén alonxado da actividade municipal ao concelleiro Juan Manuel Villanueva, foron outros dos asuntos comentados.
Podes escoitar íntegra a nosa tertulia no audio adxunto: