Concerto conxunto da Banda de Música de Vilatuxe e a Coral do Casino, Cine, Ruta das Tapas e Maxia, na axenda da fin de semana.
CINE. Este venres día 8 o Cine Club pon fin á programación do ano 2023 coa proxección dunha das grandes sorpresas do cinema español nesta tempada, "Tierra de nuestras madres", de Liz Lobato. Comedia con tintes surrealista, é unha obra orixinal , diferente e refrescante, ambientada na España rural e vaciada. Conta ademais cunha excelente interpretación do veterano Saturnino Garcia. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio do Carballiño
No Novocine de Leiro temos cine de estrea coa película "Wonka", cine de comedia, fantástico e de aventuras, para todos os públicos. Do xoves 7 ao domingo 10 ás 16.00 18.00 e 20.00 horas.
RUTA DAS TAPAS DO OUTONO. Este venres 8 de 20:00 a 23.00 horas nova edición desta ruta na hostalaría carballiñesa, con exquisitas tapas a 3 euros e actividades de animación nos locais participantes.
CONCERTO CONXUNTO DA BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE E A CORAL DO CASINO. Unha nova edición deste concerto de nadal que ofrecen ambas formacións musicais, que interpretarán desta vez música e polífonía universal, co mítico Nabucco de Verdi ou algún dos temas máis populares do grupo sueco ABBA. Sábado dia 9 ás 20:00 horas no auditorio co Carballiño.
MAXIA. O Mago Pedro Volta presenta no Carballiño o seu espectáculo de maxia "Ilusionante". Domingo 10 ás 18:00 no auditorio do Carballiño.