Comezan as excavacións no castro de San Vicenzo financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio, que incluirán visitas guiadas.
O equipo técnico adxudicatario desta actuación arqueolóxica no castro de San Vicenzo iniciou os traballos que están financiados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Arqueólogos de "Breogán Arqueoloxía" e "Arqueolladas, Colectivo de Arqueoloxía" deron comezo a unha intervención que é xa unha realidade por medio dunha iniciativa conxunta da Asociación Cultural Vive Avión, a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Xusto e o concello de Avión.
En datas próximas, está prevista a organización de visitas guiadas a esta primeira fase das excavacións deste xacemento arqueolóxico, que se ubica nun lugar que ademáis conta cun gran actrativo natural e paisaxístico, con espectaculares vistas.