Aparece no río Arenteiro o cadáver de Concepción, a veciña de Arcos que estaba desaparecida desde fai unha semana.
Foi unha persoa que camiñaba a primeira hora desta tarde de sábado polo paseo do río Arenteiro o que observou o cadáver desta muller nunha zona do río de abundante vexetación, entre o viaducto do ferrocarril e a ponte da N-541, na zona do Cornubal.
Alertado o 112, de contado pedíu a colaboración dos servizos de emerxencias, que se achegaron ata o lugar do achádego para recuperar o corpo da muller, un traballo que realizaron coa axuda dunha zodiac do GES do Ribeiro.
Concepción Vázquez, de 79 anos de idade e vecña de Arcos, estaba desaparecida desde a tarde do pasado sábado dia 9 de decembro. Durante as primeiras horas do operativo de búsqueda a principios de semana localizáranse varias pentenzas persoais, prendas de roupa, un paraugas e un bastón, polo que desde un principio os investigadores centraron a búsqueda nesta zona do río Arenteiro, incluida a participación de axentes da Unidade Subacuática da Garda Civil, pero todos os esforzos resultaran infructuosos.