Pachi Vázquez defenderá ante a corporación comprar 15.000 m2 colindantes con Espiñedo para ampilar o estadio e promover un plan de infraestructuras deportivas na zona
Espazo Común presentará e defenderá ante o pleno da corporación municipal do Carballiño unha moción para que o concello adopte un acordo que tería como obxetivo final a execución dun plan de infraestructuras e dotacións deportivas públicas, que ademáis permitiría a ampliación e modernización do estadio de Espiñedo.
Pachi Vázquez propón ubicar esta nova zona deportiva nos terreos colindantes co actúal recinto deportivo municipal, actuaríase nunha superficie de 15.000 m2 de terreo rústico e propiedade privada, que propón adquirir mediante unha operación de compra-venda que o concelleiro de Espazo Común calcula que siñificarían un desenvolso de 150.000 euros para o concello do Carballiño. Despóis, o concello tería que aprobar unha modificación do PXOM para recalificar os terreos como dotacionais de uso público.
Escoita no audio adxunto a proposta en voz de Pachi Vázquez.