Carlos Montes presenta a súa primeira novela histórica "Memorias do Esquecemento" dedicada ao persoeiro carballiñés Valentín Fernández. Escoita aquí a entrevista.
A presentación da que é a primeira novela do historiador e escritor Carlos Montes Marqués terá lugar este venres dia 29 de decembro ás 20:30 h. no Casino Cultural e Recreativo do Craballiño, nun acto no ademáis do autor participará o ex Fiscal Superior de Galicia, o tamén carballiñés Carlos Varela.
Trátase de "Memorias do Esquecemento", unha novela histórica que novela a biografía dun dos personaxes de maior relevancia na historia galega da primeira metada de século XIX, Valentín Fernández, non so o artífice de que O Carballiño contase co seu primeiro planeamento urbanístico e que comezase a ser unha vila, senón por ser un pioneiro que abandeirou as correntes municipalistas na España da época.
Escoita no audio adxunto a entrevista de Xan Pinal a Carlos Montes no "Mediodia de COPE O Carballiño".