Falece Juan Arturo Marquina, alcalde do Carballiño entre 1993 e 1995.
Juan Arturo Marquina Vázquez (terceiro pola esquerda na primeira fila da foto) faleceu aos 90 anos de idade, fora alcalde do concello do Carballiño entre decembro de 1993 e xuño de 1995, baixo as siglas do Partido Popular, nun goberno municipal compartido cos Centristas de Argimiro Marnotes.
Marquina fora elixido alcalde polo pleno da corporación municipal tras a dimisión do tamén popular José Luis García Rodríguez, pasada a metade do mandato municipal 1991-1995. Non pudo revalidar o cargo nas eleccións municipais de 1995, sendo o seu sucesor Pachi Vázquez, do PSOE, cunha alianza de goberno co BNG, e relegando aos populares á oposición no concello do Carballiño.
En maio de 1995 Juan Arturo Marquina (PP) xunto a Pachi Vázquez (PSOE) e Chema Ferreiro (BNG) protagonizaran nos estudos de Onda Cero O Carballiño o primeiro debate electoral público na historia política do concello do Carballiño.