Berán chora a morte de quen foi o seu párroco nos últimos 55 anos, D. Emilio Álvarez, falecido aos 85 anos.
Chegou a Berán no ano 1969, facendose cargo durante os últimos 55 anos da parroquia de San Breixo de Berán, e tamén doutras parroquias ribeiráns durante todo este, como foron as de Beade, Viete, As Regadas ou Beiro. Ademáis tamén exerceu como arcipreste dos Arciprestazgos de Ribadavia e Avión.
No ano 2019 a Entidade Local Menor de Berán rendiralle unha homenaxe coincidindo co 50 aniversario da súa chegada a esta parroquia. O velorio instalouse no Tanatorio García Aliende de Leiro, o funeral terá lugar este xoves dia 11 de xaneiro ás catro da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Beade, e recibirá posteriormente sepultura no cemiterio da súa parroquia natal, en Cornoces-Amoeiro.