"Deica uns anos nin barsa nin Madrid, ide tremendo que xa estamos aquí", o dia no que o himno do Arenteiro fíxose realidade. Descárgao aquí.

13, Xaneiro 2024

O dia 13 de xaneiro de 2024 quedará na memoria dos arenteiristas, coa primeira e polo tanto histórica visita a O Carballiño do segundo equipo dos culés, o Barça Atletic, ese equipo dirixido polo mítico xogador do Barsa e da selección mexicana, Rafa Márquez, un equipo plagado de talentosos xóvenes fútbolistas en formación nesa gran fábrica do fútbol que é a Masía.

O Arenteiro venceu por 2-0, e ademáis con bo fútbol e dous golazos para enmarcar, doutros non menos talentosos xóvenes futbolistas como son Luis Chacón e Alex Cardero.

Preto de 2.000 arenteiristas tiveron o privilexio de velo en vivo en Espiñedo, e outros moitos miles a través das retransmisións das televisións autonómicas de Galicia e Catalunya, e a plataforma FEF.TV.

E foi  tamén o dia no que o himno do Arenteiro fíxose realidade: "Berra o vento con orgullo esta canción, e dille a todos quen vai ser o campión, deica uns anos nin barsa nin madríd, ide tremendo que xa estamos aqui..."

Escoita aquí o himno do Arenteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=x_pFIWSw6XU&ab_channel=MiiMaTube