A Festa da Cachucha celebraráse o domingo 25 de febreiro, para non coincidir coa xornada electoral. Escoita aquí a entrevista a Manolo Dacal, que repasa os bos datos do mercado laboral e a afluencia de turistas a O Carballiño.
O concelleiro de Turismo Manolo Dacal avanzou en COPE O Carballiño a programación prevista tanto para o festa do entroido como para a festa da cachucha, que este ano excepcionalmente cambia a data da súa celebración, pasando do domingo de piñata ao domingo 25 de febreiro, para que non coincida coas eleccións autonomicas.
Dacal congratulouse dos bos datos da evolución do número de turistas que visitan O Carballiño, xa que según o informe do INE do último mes contabilizado, o de novembro de 2023, o número de turistas que visitaron O Carballiño foi de 3.892, un 13% mais que en novembro de 2022. O número total de turistas que pasaron polo Carballiño entre xaneiro e novembro de 2023 suman 51.642 persoas.
Asemade, na súa condición de concelleiro de industria e promoción do emprego, Manolo Dacal tamén repasa os bos datos da evolución do mercado laboral no municipio, co desemprego no nvel máis baixo das últimas décadas no municipio carballiñés.
No audio adxunto podes escoitar íntegra a entrevista a Manolo Dacal en COPE O Carballiño.