O Carballiño celebra o gran desfile-concurso de comparsas este martes de entroido desde as cinco da tarde, seguido dun fin de festa na Praza Maior coa orquestra Alkar.
Finalmente, o tempo parece que non vai poñer impedimento e poderá celebrarse o gran desfile-concurso de comparsas deste martes de entroido no Carballiño, dia festivo local no municipio do Carballiño. Para esta tarde de martes 13 de febreiro prevese un dia con algunhas posibles chuviscadas pola mañá, e logo pola tarde nas horas do desfile, o seu inicio está programado para as cinco da tarde, os pronósticos apuntan a unha alternacia de nubes e sol no ceo do Carballiño.
A orde no que desfilarán as comparsas, tendo en conta que tanto Os liborianos como Os 100 tolos non entran no concurso, será a seguinte:
1.OS LIBORIANOS
2.ASOCIACIÓN ENTROULA E NATUREZA MÁXICA
3.O MUNDO DA FANTASÍA DE ASPADISI
4.NOITES DE CABARET DA ASOCIACIÓN LUMAREDA
5.OS AZUCARADOS DE MASIDE
6.A C. E CARNAVALESCA OS NEVADIÑOS – O IMPERIO DOS AMARENSES
7.ASOC. OS PARRANDAS DO IRIXO – A LEIRA DE MILLO
8.NOITE DE ESTRELAS DA ASOC. AMIGOS DE PARTOVIA
9.MEDRANDO AMOEIRO
10.VIKINGOS DA COSTA
11.OS ARRIEIRIÑOS DE DACÓN – CARRUSEL
12.OS 100TOLOS
Percorrido:
R/ Otero Pedraio/ Conde Vallellano/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Calvo Sotelo/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 1.300 euros
2º Premio: 1.000 euros
3º Premio: 800 euros
4º Premio: 400 euros
5º Premio: 350 euros
6º Premio: 300 euros
7º Premio: 250 euros
8º Premio: 200 euros
-Accesits de 120 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores.
-Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación. O xurado neste caso estará composto por un representante de cada comparsa que participe no desfile, que deberán seleccionar cun voto á que consideren mellor comparsa.
A decisión do xurado farase pública durante a festa que terá lugar na Praza Maior amenizada pola ORQUESTRA ALKAR ao remate do desfile.