A Praza Maior acolleu unha nova manifestación da Plataforma Cidadán que esixe que se cubran as dúas prazas de pediatría no Centro de Saúde do Carballiño
A Praza Maior do Carballiño acolleu este venres 16 de febreiro unha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño, esta vez en forma de concentración e para seguir reclamando a reposición das dúas prazas de pediatría no centro de saúde do Carballiño.
En representación da plataforma cidadán dirixíuse ás persoas concentradas Rocio Valiñas, que fixo un repaso polas accións reivindicativas que veñen desenvolvendo desde o pasado mes de setembro, manifestando que todas elas están sen atender a dia de hoxe e sendo moi pesimistas de que a situación vaia a mellorar nun futuro inmediato, tal como veñen esixindo, que se cubran as dúas prazas de pediatría que ten asignadas o centro de saúde do Carballiño, un servizo que non so é para O Carballiño senón que cubre a toda a poboación en idade pediátrica dos concellos da comarca, 2.312 nenos e nenas según os datos da propia plataforma.
A deste pasado venres, foi a terceira manifestación dos últimos meses no Carballiño, e desta vez de forma simultánea coas plataformas activas en Verín e A Limia, que tamán veñen demandando unha asistencia sanitarioa pública e de calidade nestas comarcas.