Un incendio orixinado nunha chimenea destrúe gran parte do mosteiro budista de San Amaro, os bombeiros traballan para salvar o resto do edificio
Un lume que, ao parecer, orixinouse desde unha chimenea do edificio principal calcinou nas primeiras horas da tarde deste martes unha gran parte do mosteiro budista de Ventoselo, no concello de San Amaro, un dos centros budistas máis importantes de Europa, inaugurado en 2014.
A intervención dos bombeiros do Carballiño evitou que o lume se propagase ao resto do mosteiro, aínda que a cuberta de madeira amenaza con virse abaixo. Calcúlase que máis da metade do mosteiro quedou arrasado polas lapas.
Os bombeiros enfriaron o resto das dependencias da edificación para evitar que se reavivase o lume.
Ningunha persoa resultou afectada polo incendio, ainda que o operativo mobilizado desprazou a efectivos sanitarios, ademáis de bombeiros e forzas de seguridade.