Trasladan ao CHUO a unha rapaza tras caer desde un 4º Piso pola fachada traseira dun edificio da Avenida do Balneario.
Unha rapaza de 14 anos de idade precipitouse, por causas que se investigan, desde un cuarto piso pola fachada traseira dun edificio da Avenida do Balneario do Carballiño, un suceso que se rexistrou unhos minutos despois das sete desta tarde de lúns.
Na súa caída, o corpo impactou cun tendal e un toldo dos pisos inferiores, que amortiguaron o golpe no chan. De contado, o 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, bombeiros do Carballiño, Garda Civil e Policia Local, tras recibir as primeiras asistencias médicas no mesmo lugar do suceso, foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde ingresou con feridas na cabeza e nunha perna.