Falece o Irmán Rafael, 48 anos de monxe en Oseira.
A Comunidade Cisterciense de Oseira daba conta esta mañá do pasamento dun dos seus monxes, o irmán Rafael Manzano García-Triviño, falecido neste martes santo 26 de marzo en Oseira á idade de 96 anos.
Levaba residindo en Oseira desde 1976, e durante boa parte destes últimos 48 anos foi o encargado da portería do mosteiro. A Comunidade recordao coma "un monxe alegre e entregado aos diversos servizos que prestou", entre os que tamén estivo o de mestre de novicios.
A misa de "corpore insepulto" terá lugar este mércores dia 27 de marzo ás 11:30 horas na igrexa monacal de Santa María A Real de Oseira.