Accidentado regreso da expedición do Arenteiro a causa dunha avaría do autocar en Zaragoza. Escóitao aquí.
A viaxe de volta da expedición do Arenteiro desde Barcelona convertíuse nunha odisea, cando ás dúas da madrugrada o autocar sufría unha avaría no sistema de ventilación. Tras permanecer ata as seis e media da mañá a expedición foi trasladada en autocar ata a estación madrileña de Chamartín, desde a que completaron o regreso a O Carballiño en tren a primeira hora desta tarde de lúns.
O accidentado desprazamento para xogar ante o Barça Atletic no Johan Cruiyff, onde o Arenteiro obtivo un meritorio empate a un gol, tivo a súa outra noticia negativa na lesión do gardameta Diego García, que podería sufrir a rotura do tendón de Aquiles.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao director deportivo do Club Deportivo Arenteiro, Alex Vázquez.