A Xunta oferta para este verán 1.320 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño
O DOGA ven de publicar a convocatoria para adxudicar estas 1.320 prazas para as vacacións das familias que as soliciten, o prazo abríase este pasado venres 12 de abril e permanecerá aberto na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ata o próximo dia 25.
En total, serán dez quendas, repartidas entre os meses de xullo e outubro, ambos incluídos, e con prezos moi asequibles para as familias. Como dada ano, as familias numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero, contarán con acceso prioritario.
As bases que regulan a convocatoria, e os modelos de solicitude e a súa tramitacíón, poden encontrarse no DOGA do pasado dia 11 deste mes de abril, asi como na Sede Electrónica da Xunta.