Pachi Vázquez: "Eu teño asumido que non vou volver ser alcalde, pero é imparable un cámbio político no Carballiño e só depende do Partido Popular". Escóitao aquí.
O líder de Espazo Común non eludíu as preguntas formuladas por varios oíntes sobre a posiblidade dunha moción de censura ao alcalde Fumega e recoñeceu contactos nos útlimos dias co Partido Popular porque "o alcalde nin goberna nin ten trazas de gobernar, o cámbio político e imparable no Carballiño, e so depende de que o Partido Popular baixe o dedo".
Estas manifestacións de Pachi Vázquez coinciden coas últimas críticas feitas esta mesma mañá polo grupo municipal de Espazo Común nas que culpan ao alcalde de ser o único responsable por "bloquear a recalificación dos terreos lindeiros con Espiñedo e asi impedir a súa reforma" co que elo representa como "perxuizo para o CD Arenteiro, para a economia local e para a imaxe do Carballiño".
Escoita no seguinte PODCAST de COPE O Carballiño, a intervención íntegra de Pachi Vázquez: