A LIMPEZA DOS NOSOS RIOS A QUEN CORRESPONDE

18, Maio 2024

Boas tardes, alguén me pode decir a quen corresponde a limpeza dos nosos rios, regatos, riachuelos?,   por que os rios que eu sepa non teñen heredeiros. e os camiños, beirraruas, zonas comunais, etc tampouco teñen heredeiros, quen son os  responsables da sua limpeza e   a  quen se lle manda unha carta por ter todo cheo de maleza. 

Estou moi indignada polo que están facendo coa xentiña maior das nosas aldeas, estan totolmente preocupados, desorientados, nerviosos, non durmen, e esto é moi inxusto e todo por culpa dunhas cartas que lles mandaron pa limpar os seus montes, fincas, propiedades , por que se non o fan, serán multasdos.

A pouca xente que queda nas aldeas é maior, o que non ten unha enfermidade ten duas, as pagas que cobran son rediculas, custalles chegar a fin de mes e non poden pagar pa que lle limpen os montes,  pero e que tampouco hai a quen chamar,  por que a xente nova escapa pas cidades, e non se interesan polo rural, e a xente que está cobrando pagas por non traballar, non se vai poñer a traballar ( sería de parbos facelo)  e os nosos  maiores  non poden facelo, cando podian xa o facian.

Á xente sana en idade de traballar independientemente de que sean españoles, ou non,  danselle cartos a cambio dun traballo, e non o revés, hai moito que facer tanto no Carballiño como nas nósas Aldeas. O Rural ten moito traballo qe ofrecer.