Institutos e concello presentan as "II Xornadas pola Ciencia" con diversas actividades, que inclúen a "Feira da Ciencia" para o venres 31 na Praza Maior.
As "II Xornadas pola Ciencia no Carballiño" desenvolveránse con diversas actividades nos dous institutos carballñeses, no IES nº 1 e o Chamoso Lamas, desde o 27 ao 31 deste mes de maio no que andamos.
Ademáis, o venres 31 - dia de feira no Carballiño- a Praza Maior acollerá de 17 a 20 horas a "Feira Científica" na que o alumnado vai expoñer ao público en xeral inventos, proxectos, xogos e experimentos científicos, interactuando co público.
Se abres o arquivo adxunto podes ver a programación completa: