Camiño bloqueado 2 (NO RURAL)

10, Xuño 2024

Tomo prestado o título da anterior denuncia para referirme á situación do rural en case todo Galicia, e por suposto tamén na comarca nosa. Semella que o camiño está bloqueado e non hai futuro posible. Aos nosos queridos políticos éncheselle a boca falando de medidas de apoio ao rural, aos emprendedores, aldeas modelo, etc, pero despois o día a día é outra cousa. 

Esto ven a conto das cartas que está remitindo o concello do Carballiño para limpeza das parcelas arredor dos núcleos, acción máis que necesaria para evitar riscos de incendio e coa que concordo plenamente. Sen embargo, non sei se os nosos queridos políticos saben cal é a situación do rural (igual teñen que sair dos despachos e darse unha volta ou andaina polos núcleos e falar coa pouca xente que neles habita), situación de abandono pola xente nova que marcha en busca de traballo e comodidades ás vilas e cidades, persoas maiores, en moitos casos, con mobilidade reducida, cando non é o caso de aldeas e pobos xa completamente deshabitados.

Toda esta situación, fácilmente comprobable, vese agravada porque as empresas e autónomos adicados á limpeza e desbroce non dan feito ante a abalancha de encargos recibidas nestes últimos días.

Seguindo coa acertada opinión do comentario anterior, non será que o concello debería limpar os camiños para poder acceder ás parcelas e para ter vías de acceso no caso de ser necesario o paso de equipos de extinción?

Está moi ben esixir e cumprir as leis, pero as administracións deben atender a súa parte, especialmente as administracións locais por ser as que están máis preto dos cidadáns.

O noso rural esmorece, e os nosos queridos políticos, na súa realidade paralela, parece que non se dan ou non se queren dar conta. Pero que máis dá, agora estamos na véspera do verán, ven ahí outra festa do pulpo, na que contaremos os miles de visitantes que se achegan ao Carballiño, virán orquestras, celebracións, festas, etc. Pan e circo. 

Mentres tanto, os "catro vellos" que aínda resisten na aldea vense moi preocupados porque lles chegan unhas cartas ameazantes con multas e non saben como van facer para evitalas, os fillos están lonxe, non atopan a quen chamar e eles non o dan feito.

Que facemos entón? 

Señores políticos, non se esquezan do rural e de quen aínda reside nel (aínda que sexan poucos votos). Non lles quiten a dignidade olvidándose deles. Vostedes deberían estar ahí para solucionar os problemas da xente e non para crealos.

Saúdos.