O Carballiño reúne ao "Pacto de Pedre" para retomar as reivindicacións en demanda da mellora integral da estrada N-541
Os alcaldes do Pacto de Pedre retomaron a súa actividade reivindicativa unha vez rematados os periodos pre-electorais e electorais cunha xuntanza realizada na Casa Consistorial do Carballiño á que asistiron rexidores e representantes dos concellos de Boborás, Beariz, Punxín, O Irixo, Maside, O Carballiño e Cerdedo-Cotobade.
Nun ambiente de máxima cordialidade e colaboración institucional os asistentes acordaron seguir impulsando xestións políticas e reunións ao máis alto nivel para continuar reivindicando ante o Goberno de España a mellora integral da estrada nacional N-541, como administración titular deste vial estratéxico que une e comunica as provincias de Pontevedra e Ourense.
Entre os acordos adoptados por unanimidade polos asistentes figuran a solicitude dunha xuntanza cos subdelegados do Goberno en Pontevedra e Ourense e Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, co fin de facerlle chegar de xeito directo e “desde o máximo respecto instituciona as reivindicacións dos alcaldes do Pacto de Pedre", manifestan nun comunicado feito público despóis desta reunión.