Fernando Blanco proxecta o cruceiro máis alto do mundo para a rotonda da Fontela. Escoita aquí a entrevista.
O proxecto conta co apoio do concello de Maside e xa está avanzada a tramitación da autorización do Ministerio de Transportes, que é o titular da vía na que se ubica esta rotonda da Fontela, á entrada do Carballiño aínda que dentro do termo municpal de Maside.
A obra ideada polo arquitécto carballiñés Fernando Blanco Guerra é "un cruceiro tridimensional de 9 metros de altura, inspirado no Templo da Veracruz", pasará a ser o cruceiro máis grande do mundo, según acredita o seu autor. Construiráse en pedra azul de Pena Corneira, superpoñendo varias pezas, coroado cunha cruz de catro brazos.
Escoita no PODCAST a entrevista de Xan Pinal a Fernando Blanco, no que da conta dos diversos detalles da obra, que agarda estea culminada antes de rematar este ano 2024.