A Casa de Galicia acolleu a presentación da Festa do Pan de Cea en Madrid
O alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares e o presidente da IXP Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez, presentaron a trixésima primeira edición da Festa do Pan de Cea, na Casa de Galicia en Madrid.
Medios de comunicacion, influencers gastronómicos, restauradores e tamén galegos residentes na capital achegáronse a este evento que pretende ser punto de partida para a Festa do Pan e, ademais posición o concello turísticamente e comenzar a dar pasos para obter a declaración dela festa como de interese nacional (xa conta desde fai moitos años coa declaración de Festa de interesa a nivel autonómico)
Nun sinxelo acto presentado por Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, o alcalde e o presidente pormenorizaron as bondades do concello e do Pan de Cea, respectivamente, facendo especial fincopé na celebración festiva do vindeiro 6 e 7 de xullo.
Ao remate ofreceuse Unha pequena degustación co Pan de Cea como protagonista, ademais de establecer contactos profesionais e publicitarios con diferentes axentes dinamizadores.
Desde o concello de Cea agradecen "o trato recibido por todos os traballadores da Casa de Galicia e especialmente por Javier Vázquez, director da mesma na súa última presentación como director da Casa. Agradecer a Victoria o seu bo facer na degustación ofrecida e como non a todos os participantes por terse acercado a pesar da forte tormenta".