Espazo Común abandona o pleno do concello tras acusar aos socialistas de "traidores, tránsfugas e corruptos". Desde o goberno pidenlle a Pachi Vazquez que "non monte o circo e traballe polo Carballiño"
Desde Espazo Común xustifican o abandono do pleno que celebraba esta mañá a corporación municipal do Carballiño "despóis de esixirlle ao alcalde Fumega que aclarara se conto co apoio do seu partido para o pacto co PP porque no caso de non ser asi estamos a ante un claro caso de transfuguismo e corrupción política".
Xa fora da casa do concello, no exterior da casa do concello, Pachi Vázquez chamou "traidores, tránsfugas e corruptos" a socialistas e populares, que presentaban ante o pleno ao novo goberno municicipal conformado por ambos grupos.
Desde o grupo socialista, o seu portavoz Diego Fernández, en manifestacións a COPE O Carballiño, lamentaba que Espazo Común montase "o circo desta mañá" e negaba que houbese transfuguismo, e referíase a Pachi Vázquez e ao resto de concelleiros de Espazo Común como exemplo de tránfugas.
Podes escoitálos no PODCAST de COPE O Carballiño: