Pachi Vázquez: O mellor entre os peores
Dicía Platón que só os gobernantes podían ter o poder de non contar a verdade. Vese que os tempos dende a Antiga Grecia son pasados e o presuposto nivel que o filósofo lle atribuía aos políticos e gobernantes quedou reducido a un mero chiste de bar. Sí, coma os que se contan nas tertulias ou nas conversas nas rúas do Carballiño. A polémica municipal é vox populi, máis isto non ten porqué importarnos a xente que queremos vivir a nosa vida con independencia da política. O importante é onde quedaron reflictidos os debates municipais e plenarios, e iso pode verse na nosa pequena cidade/vila. Unha política de merda da como resultado unha vila "de merda" ou polo menos nun estado semellante. Moitos aférranse cunha especie de síndrome de Estocolmo ao actual goberno municipal dicindo case sen máis argumentos que verborrea de terceira división que "calquera cousa é mellor que a volta do pachismo". Sen ser un servidor un gran fanático do que supón a figura de Pachi Vázquez (e moito menos o seu partido que é unha copia fracasada do modelo de partido rexionalista socialdemócrata, podo dicir que o período comprendido enre 1995 e 2005 foi o mellor período de desenvolvemento vivido na nosa vila dende o desarrollismo franquista nos anos 60. E non nos enganemos o caciquismo estivo presente pero, acaso non o está nestes precisos instantes? Pachi é un político, un home de poder e que busca aferrarse ao poder pero polo menos loitou pola súa vila, actuou como un verdadeiro home de poder defendendo sempre os intereses da súa xente. Claro que a contratación irregular é vergoñenta, sen dúbida. Pero agora temos o mesmo, pero con barbarie e pobreza para o noso pobo.
Un usuario desta páxina web reseñaba como Pachi fixo caer as caretas ao PP e ao PSOE. Máis razón imposible: Son o mesmo, teñen os mesmos intereses ecónomicos, son o verdadeiro caciquismo, aquel que busca perpetuar a miseria do pobo e o seu atraso e o mantén preso con subsidios miserables. Por iso entendo a decisión de Pachi Vázquez de plantarse fronte a indignidade. Deus quera que o pobo deixe de aferrarse a miseria por un plato de lentellas e vote a quen de verdade pode mellorar O Carballiño e a vida dos seus residentes.