Maside celebra esta fin de semana a 36 Festa do Cabalo. Escoita aquí toda a programación, e o resto da actualidade deste verán neste concello

16, Agosto 2024

O concello de Maside foi protagonista no programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, esta vez presentado por Lolo Carril desde o consistorio masidao.

O alcalde José Manuel Iglesias fixo un repaso pola actualidade municipal e os proxectos máis relevantes para este mandato neste concello, e invitou a veciños e visitantes a participar nas distntas actividades programadas nos próximos dias, nesta segunda quincena de agosto que culminará coa celebración das festas de San Vitorio.

Xosé Manuel Pascual, presidente da Coral A Torre de Maside, avvanzou o programa dos Concertos de Verán, todo un clásico no verán masidao, a celebrar este sábado 17 de agosto na igrexa parroquial de Santo Tomé, e no que ademáis dos anfitrións actuarán a Coral A Lira de S. Miguel de Oia e a Coral San Roque de Vigo.

A técnica de cultura e deporte do concello de Maside, Yolanda Rodríguez repasa a programación veraniega, na que entre outras actividades destaca a participación record no campamento de verán 2024, con 106 rapaces participando nesta edición.

E finalmente, Leticia Otero e Enríque López, integrantes da nova directiva da Asociación Amigos do Cabalo Puzo do Lago, fálannos de toda a programación da Festa do Cabalo de Maside desta fin de semana, sábado 17 e domingo 18, que chega cun intenso programa de actividades durante os dous dias, con rutas a cabalo, concursos, exhibicións e espectáculos de doma vaqueira, gynkana infantil ou a simpática carreira de burros, e por suposto con posibilidade de xantar ou cear no propio Puzo do lago.

Podes escoitar todas as entrevistas no PODCAST de COPE O Carballiño: