BARRABASADA EN CORZOS
Boas, quero denunciar públicamente todo o que está facendo a empresa que fai a obra para Avatel en Corzos. Xa está ben de mirar pra outro lado por parte das administracións municipais e darlle carta libre sen facer cumprir a lexislación. Nestos días atrevéronse incluso a barrabasada de pasar a rozadora por riba do tableiro de formigón da ponte sobre a carretera Ribadavia-Cea a altura do ximnasio comprometendo a seguridade da sua estructura. É imposible que a consellería de turno da Xunta dise licenza para acometar a obra de tal xeito. Somentes é posible facelo colocando duas arquetas a cada lado da ponte e pasando os tubos vistos ben grapados os pretiles de formigón existentes na parte superior ou ben grapados pola cara inferior a viga de formigón pretensado. Outra solución sería facer a beirarrua nesa ponte, que o ancho da mesma quedou preparado para facela e aproveitar o espesor da mesma para pasar os tubos sen necesidade de tocar a estructura da ponte. Xa non falamos da solución de toda a vida, nada estética, pero eficaz de colocar cadanseu poste a cada lado da ponte para salvar o problema. En ningún caso se pode facer a toleria de pasar directamente a rozadora sobre a estructura do tableiro de formigón da ponte. Esa ponte somentes ten un baño superficial de asfalto que nin siquera terá un centímetro de espesor. Unha auténtica animalada o que fixeron, ou que están facendo, porque inda andan por alí traballando.
Como non conto que Cadavid e compañia fagan nada o respecto informarei en persoa e por escrito dos feitos na delegación en Ourense na conselleria de turno.
Saudos.