Especialistas en explosivos da Garda Civil retiran unha granada de man encontrada nun camiño das Laxas-O Irixo
Foron os alumnos do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Carballiño que realizaban traballos de desbroce nun camiño da localidade de As Laxas, no concello do Irixo, os que localizaron o artefacto e deron aviso á Garda Civil.
Especialistas do equipo de explosivos da Garda Civil, desprazados desde Pontevedra, procederon a súa retirada, para desactivala e proceder a súa destrucción.
A granada de man contiña a súa carga explosiva e conservaba a espoleta para a súa detonación-
Ningúen no Irixo ten unha explicación sobre o misterioso achádego. A Garda Civil abríu unha investigación.