¿Para cando unha circunvalación no Carballiño?

3, Outubro 2024

Xa non é por querer compararse con Ourense, que ten varias e outras en execución, senón outras vilas de tamaño e poboación parecidos a nós teñen a súa ronda de circunvalación que desvía o tráfico das rúas urbanas. Aquí, entre a rotonda da Fontela e o cruce de Astureses, temos un gran volumen de vehículos que cruza toda a avenida 25 de Xullo sen ningunha outra saída ou opción. Xa vai sendo hora de que Carballiño se adapte aos novos tempos e se faga a súa dunha vez. De quen depende? Xunta? Goberno central? Hai que petar nas portas e conseguilo.