Pachi Vázquez: "este goberno é un fracaso total, o das fotos, as sillas e as zancadillas". Espazo Común solicitará un pleno extraordinario para celebrar "o debate do estado do municipio".

8, Outubro 2024

Espazo Común insiste en considerar que a alianza entre PSOE e PP no concello do Carballiño é un caso de transfuguismo polo que “o alcalde tería que pasar ao grupo mixto”, algo que “non é un tema menor para a organización do concello”, subliñou Pachi Vázquez nunha comparecencia esta mañá convocada para facer balance dos cen primeiros días de goberno municpal no concello carballiñés, tralo pacto entre socialistas e populares.

Un goberno “que é un fracaso total, o goberno das fotos, as sillas e as zancadillas no que cada un intenta matar ao outro”, ironizou Pachi Vázquez para definir ao actúal grupo de goberno integrado por PSOE e PP.

O líder de Espazo Común e concelleiro tamén avanzou que o seu grupo presentará no rexistro municipal a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación para celebrar o debate sobre o estado do municipio “para debatir sobre o estado real do Carballiño e falar das cousas importantes”, dixo.

Escóitao aquí, no PODCCAST de COPE O Carballiño: