Cáritas Parroquial do Carballiño abre unha campaña para canalizar as axudas aos damnificados pola catástrofe de Valencia
Cáritas Parrroquial do Carballiño propónse canalizar as axudas que van achegarse directamente a Cáritas Parroquial de Paiporta, unha das localidades máis gravemente afectadas pola catástrofe humanitaria provocada pola "DANA" en terras valencianas.
Para elo, todas as persoas que desexen facer unha aportación económica, poderán facélo directamente na conta bancaria de Cáritas Parroquial do Carballiño:
O número de conta é o seguinte: ES6601820635510201538409
Ademáis, a parroquia de San Cibrán do Carballiño ven de comunicar que a colecta nas misas deste domingo 3 de novembro tamén se destinará a esta mesma iniciativa solidaria.