O concello do Carballiño prepara un proxecto para a reforma da Praza de Abastos e convertela en "Mercado Excelente". Escoita aquí a entrevista a Pepe Castro-Gil.
O primeiro tenente alcalde do concello do Carballiño adiantou en COPE O Carballiño o proxecto no que traballa o concello, a modernización da praza de abastos do Carballiño para convertela en "Mercado Excelente", contando coa axuda da Xunta.
Pepe Castro-Gil atendeu no transcurso da súa visita aos estudios desta emisora de radio diversas queixas e demandas da audiencia de COPE O Carballiño
Podes escoitalo no seguinte audio: