O alcalde de Ribadavia pide á audiencia de COPE O Carballiño que apoie co seu voto para que sexa a gañadora do concurso navideño de Ferrero Rocher
O alcalde ribadaviense, César Fernández, pediu a toda a veciñanza das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, asi como do resto de Galicia, o seu apoio para facer da vila de Ribadavia a que sería primeira localidade galega en gañar o famoso concurso navideño de Ferrero Rocher.
O feito de ser unha das cinco localidades de toda España elexidas para a edición de 2024 para esta competición para conseguir a iluminación de nadal da firma de bombóns, xa está sendo un gran escaparate para visualizar en toda España á capital do Ribeiro.
Podes votar en www.ferrerorocher.com
Escoita aquí a entrevista de COPE O Carballiño ao alcalde de Ribadavia.