Pachi Vázquez lamenta a "insovencia política" de Pepe Castro e afirma que PP e PSOE teñen un problema entre eles, trala polémica polo contrato municipal da auga.
O concelleiro de Espazo Común acudíu aos estudios de COPE O Carballiño para aclarar a postura do seu grupo en relación á polémica suscitada polo procedemento que está a seguirse no concello carballliñés para a constitución da mesa de contratación para licitar a adxudicación do servizo do ciclo da auga no concello do Carballiño.
Sen dúbida, o contrato máis importante da historia do Carballiño, xa que ascende a 60 millóns de euros para os próximos 20 anos.
Podes escoitar a entrevista íntegra a Pachi Vázquez no PODCAST de COPE O Carballiño.