O Sindicato CC.OO. denuncia incumprimentos do convenio no concello do Carballiño, retrasos no pago de nóminas e os abonos de productividade.

3, Decembro 2024

Comisións Obreiras afirma que o goberno municipal "non fai máis que dar bandazos na política de persoal, vulnerando leis e acordos que van producindo danos nas relacións laborais cos empregados municipais".

Fan referencia a varios incumprimentos do Convenio Colectivo en vigor no concello do Carballiño, que data xa do ano 2018.

Desde o sindicato agardan que desde a concellería de persoal e a alcaldía adopten "as medidas oportunas para solventar todos estes incumprimentos o antes posible". Entrre os mesmos, estarían a non contratación de seguros de accidentes e incapacidades, o retraso no pago de nóminas e os abonos da productividade, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, ou a falta de recoñecementos médicos en tempo e forma, entre outros.

Podes acceder ao comunicado íntegro de CC.OO abrindo o arquivo adxunto: