O Arenteiro da o primeiro paso para converter o club en Sociedade Anónima Deportiva, a asemblea de socios apoia a proposta da Xunta Directiva con 166 votos a favor, 9 en contra e 6 abstencións.
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/475517362_1253000149495798_5346005476300147129_n.jpg?itok=n43dV1Ej)
O auditorio do Carballiño acolleu na noite deste xoves a asemblea de socios máis numerosa da súa historia, 223 socios acudiron a esta convocatoria.
O punto trascendental da asemblea era a proposta da directiva para iniciar os trámites legais, administrativos e contables necesarios para a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva.
A proposta foi aprobada cun moi amplo maioritario apoio da masa social, xa que entre os socios presentes con dereito a voto deron o sí 166, rexistrándose 6 abstencións e 9 votos en contra.