As primeiras escavacións en Pena Corneira confirman a existencia dun poboado tardorromano, outro do calcolitico, e un castelo medieval". Escoita aquí a entrevista a Jorge Lamas Bértolo.

De gran relevancia poden considerarse os achádegos inéditos da que foi a primeira campaña de escavacións en Pena Corneira, no concello de Leiro.
En apenas dous meses de traballos arqueolóxicos, os mesmos desvelaron a existencia dun poboado tardorromano, outro do calcolítco, asi como a existencia dun castelo medieval da época da revolta irmandiña e no que apareceron muros, cerámicas, moedas, ármas, xoias, útiles domésticos e o estribo dun cabalo, entre outros achádegos, como un sarcófago con caixa de pedra cuberto con tégula da época romana.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao arqueólogo Jorge Lámas Bértolo, que dirixíu as escavavións: