60 equipos participarán no 15º Rali do Lacón Históricos, este sábado 8 de marzo polas estradas da comarca.

5, Marzo 2025

Auténticas xoias rodantes, ata 60 vehículos históricos verémos este próximo sábado dia 8 de marzo participando no Rali do Lacón Históricos, unha proba de regularidade organizada pola asociación Clásicos Arenteiro.

A Praza da Veracruz acollerá o parque pechado, no que poderán verse os vehículos ata as 15 horas e á súa chegada despòis de completar o rali ás 20:30 horas. A entrega de premios será no transcurso dunha cea de confraternización no restaurante Fuchela.

O rali recorrerá por estradas dos concellos do Carballiño, Maside, Leiro, San Amaro, Punxín, Boborás e O Irixo.

Nos audios adxuntos podes escoitar a Pepe Castro Gil, concelleiro de deportes do Carballiño e a José Manuel Mosquera, secretario da asociación Arenteiro Clásicos: