San Marqueta salva ao Ourense, que sae vivo de Espiñedo. Aquí tes o VideoResumen do partido.

Un moi inspirado Marqueta, o gardameta zaragozano do Ourense CF, foi coas súas grandes intervencións baixo paus o gran artífice do seu equipo para non sair derrotado de Espiñedo ante un Arenteiro que fixo méritos para máis que un empate.
E para redondear a súa actuación, Marqueta rexeitou o penalti lanzado por Baselga, negándolle o empate aos verdes que viron como nos primeiros compases do partido o Ourense adiantabase cun dos seus contados disparos a porteria durante toda a tarde.
O Arenteiro fixo méritos para levarse maís que un punto neste partido, máis aínda na segunda parte na logrou o empate e tivo unha gran ocasíón nos minutos finais cando Marqueta volveu salvar aos seus desviando un testarazo de Baselga cando xa se cantaba o gol por parte da afección local.
Espìñedo rexistrou outra gran entrada, con máis de 2.200 espectadores, unhos 300 seguidores do equipo capitalino.
Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=WrHapO6eVIQ
Cronica do partido en La Voz de Galicia:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/04/14/arenteiro-ouren...