Escoita aquí o programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, dedicado ao concello de Carballedo.

18, Xullo 2025

O Concello de Carballedo está situado entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, entre a montaña e a Ribeira Sacra, no suroeste da provincia de Lugo, e ten a súa capitalidade municipal na Barrela.

Mantén unha gran interrelación económica e social coa comarca do Carballiño, trátase dun municipio no que se sitúa un dos primeiros testemuños  do cristianismo en Galicia, xa que nunha pequena igrexa na parroquia de Temes  foi localizado un sarcófago tardorromano  datado no século IV.

As pegadas da idade media tamén deixaron a súa impronta, por exemplo, na igrexas románicas de San Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova. Ademáis, Carballedo destaca pola súa gran riqueza natural e paisaxística.

Escoita aquí o programa especial de verán de COPE O Carballiño dedicado ao concello de Carballedo: