Dirixido ao concello de Maside.
Por favor, arranxade xa a estrada que une Señorín co Lago pasando por Santián, Lobada e Estúniga. Non só é polo abandono e a falta de inversión nunha estrada que une numerosas localidades e aldeas, é que cantidade interminable de fochancas e o estado xeral do firme (moitas veces caído) representan un perigo e unha molestia para os vehículos que a transitan, que non son poucos.
Un saúdo.